Cambados continúa agardando polo compromiso da Xunta

    O concello de Cambados vése obrigado a reducir o programa de actividades previsto como Cidade Europea do Viño, debido á falta de compromiso da Xunta de Galicia e outras entidades con este municipio. Iso é o que asegura o concelleiro de enoturismo da vila, que da un ultimátum para que entren a formar parte do órgano consultivo Off. No mes de maio asinaban o Convenio para participar no órgano consultivo da Cidade Europea do Viño, representantes de distintas entidades comarcais, así que como a propia Deputación de Pontevedra, que xa firmara un acordo anteriormente. Todas, menos a Xinta de Galicia, o Consello Regulador e a Ruta do Viño Rías Baixas. O concelleiro de enoturismo cambadés, José Ramón Abal, asegura que estando a mediados de ano é depcionante que a Xunta aínda non se comprometes eco nomeamento de Cambados como Cidade Europpea do Viño, e da unha data máxima para facelo. Abal destacou que aínda así, o concello está levando a cabo importantes actividades que están deixando a imaxe de Cambados en moi bo lugar, en gran parte, grazas tamén á colaboración de entidades como a Deputación ou a Mancomunidade do Salnés. Para reducir precisamente estes costes, Abal lamentou esta falta de colaboración do gobernó autonómico, posto que se a situación non fora ésta Cambados podería estar realizando moitas máis, e mellores actividades aproveitando este nomeamento tan relevante a nivel internacional. Aínda así, asegura que a maior parte do programa segue adiante tal e como merecen tódolos veciños de Cambados.