Os nenos e nenas de Vilagarcía xa teñen plan para cando rematen as clases

    VILAGARCIA> Os cativos de Vilagarcía xa teñen plan para cando rematen as clases. O concello pensa en todo, e o 25, 29 e 30 de xuño, e o 1 de xullo, programa unha serie de espectáculos para toda a familia polas rúas e prazas da vila. Esta mañá presentouse nos xardíns de Ravella unha nova edición do Festival Estío. Eles son María Faltri e Jorge Juncal, un dos grupos que actuará dentro do Festival Estío, co seu espectáculo “Fantasía coas palabras”. Este festival infantil que organiza o concello de Vilagarcía, ten como obxectivo que os nenos e nenas do concello, así como as súas familias, teñan actividades de lecer xusto despois de rematar as clases, ó tempo que gozan do bo tempo e da súa cidade. A actuación de María e Jorge será o venres día 30 de xuño, ás nove da noite, neste mesma xardín de Ravell. Pero haberá máis días de espectáculos, o primeiro, o domingo 25 de xuño. Á seguinte semana, o xoves 29 será o turno do Fantoches BAJ, no parque Miguel Hernández, ás nove da noite. E por último, o sábado día 1 de xullo, péchase o Festival Estío coas actuacións de Xarope Tulú e Mámá Cabra. Este último espectáculo será na praza de Galicia, o sábado 1 ás nove da noite.