Louzán supervisa as obras da rotonda e o parque do concello

    O GROVE> O Presidente da Deputación pontevedresa conmemorou este un de maio traballando. A primeira cita da súa axenda estivo no casco urbán…

    {flowplayer}images/salnes/visita_louzan_grove_010512.flv{/flowplayer}

    … do Grove onde comprobou o resultado da adecuación dun parque infantil lindeiro ó Concello e unha rotonda e acceso que levan á mesma Casa Consistorial. Así, dotouse ó espazo de xogos de novos aparellos axeitados para cativos de entre os 3 e os 12 anos e de chan de goma para amortecer a posible caída nos meniños. No tocante ó acceso, o máis chamativo foi a rotonda que recuperou ós paxaros que adoitaban representar o Concello meco noutrora. Ámbalas dúas actuacións supoñen unha inversión global de máis de 200.000 euros cos que se poñerá en valor este espazo, para o seu uso e desfrute de veciños e visitantes. Unha achega que os socialistas cualificaban de escuálida; ó que o Alcalde do Grove non fixo nin caso asegurando que se trataba de argumentos correspondentes a unha oposición ben mediocre.

    Nesta mesma xuntanza, o representante do ente provincial e o rexedor meco abordaron unha próxima actuación que suporá a remuda da herba artificial por outra de última xeración no Campo de Fútbol Monte da Vila. Estas obras estarán listas para a nova tempada de fútbol, na que o equipo local se baterá na categoría rexional preferente. Esta actuación será sufragada nun 75 % por parte da Deputación, quedando para o Concello o 25 % restante. Amais, proximamente, e en virtude doutro convenio da Deputación, a Península do Grove contará con nove novos traballadores sufragados polo executivo provincial para limpar e adecuar os espazos naturais deste Concello.

    Redacción Salnés