As prazas de abastos notan as restricións de San Xoán coa baixada dos prezos e das vendas da sardiña

VILAGARCIA> Os mercados de abastos afectados pola celebración dun San Xoán atípico. As praceiras venden gran parte da sardiña pero nunha cantidade inferior ao doutros anos. A baixada dos prezos axudou a que saíse case todo o produto.

Como se pode ver nas imaxes, os mercados de abastos están practicamente baleiros. As vendedoras lamenta a caída de clientes tralo comezo da pandemia. A situación notouse de forma máis ampla na véspera de San Xoán, día no que as Sardiñas son o principal reclamo.

As praceiras venderon case todo o produto pero en menor cantidade e a un prezo máis reducido que nos anos anteriores.

As cacharelas son un gran aliciente para a venda da sardiña. Este ano as restricións só permiten realizar cacharelas privadas. Os que as van a celebrar achegáronse pola praza para mercar os seus produtos.

Un dos motivos deste descenso dos prezos tamén é o aumento dos topes de pesca da sardiña, que este ano ascendeu aos 2300 quilos diarios. A pandemia aínda ten efectos nas vendas das praceiras, pero as vendedoras agardan que a volta a normalidade permita recuperar a tradición das cacharelas e as sardiñas pola noite de San Xoán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí