CAMBADOS> O Conservas de Cambados afronta o seu quinto partido en Leb Prata. Despois da derrota da semana pasada en Marín os de Yago Casal queren resarcirse diante da súa afección. Enfronte terán ó Zornotza vasco, que chega á cita en cuarta posición. Volven a cruzarse os camiños de Xuven e Zornotza. A primeira vez foi hai dúas temporadas, cando ambos conxuntos quedáronse ás portas de xogar a fase de ascenso logo ser cuartos nos seus respectivos grupos EBA. Unha eliminatoria intrascendente. Mañá haberá moito máis en xogo. Os dous equipos debutan este ano na categoría tras ter acadado o ascenso o ano pasado nas canchas, e non nos despachos, e chegan á cita desafogados: cuartos os vascos con tres victorias en cinco encontros, e en metade de táboa os cambadeses con dúas victorias en tan só catro partidos. Prevese polo tanto un choque igualado. O gran problema para o Xuven volven a ser as baixas. Rafa Wildner sigue recuperándose e ata dentro de quince días non estará de volta. Nun adestramento desta semana, Emilio Oubiña recibíu un golpe nas costas e xogará mermado. Pero a gran ausencia é a de Ander García, que estará dous meses no dique seco tras fracturarse o peroné a semana pasada en Marín. Malia as baixas o Xuven tentará vencer ó Zornotza coas súas armas de sempre. Defensa e intensidade. No conxunto de Amorebieta destaca un santiagués, ex do Xuven, Toni Lorenzo, que pasa por ser o mellor triplista da categoría. Os interiores Ibon Carreto e Joseba Iglesias son as outras dúas referencias deste equipo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/xuven600_081113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/08/xuven_081113.mp4{/flowplayer}
Inicio Deportes