A reforma do pavillón da Cachada estará lista para o inicio da Superliga 1

BOIRO> O executivo boirense traballa na reforma do pavillón da Cachada. A intención do Concello é que os traballos estean rematados antes do inicio da liga de voleibol. As instalacións son empregadas nos adestramentos e nos partidos oficiais polo Náutico Boiro Voleibol, que milita na Superliga 1, a competición de voleibol máis importante a nivel nacional.

Os problemas de humidades e filtracións no complexo deportivo da Cachada son unha constante dende practicamente a súa inauguración. Nos últimos anos a situación foise agravando aínda máis debido á antigüidade das instalacións e a necesidade de levar a cabo unha reforma integral da cuberta. Sabedores deste problema, dende o Concello puxéronse mans á obra a executar con fondos propios unha reparación provisional da cuberta, mentres non se poida efectuar unha reforma integral de maior envergadura para o que sería necesario a implicación doutras Administracións. Corría o risco de que as instalacións non puideran ser empregadas nos adestramentos e nos partidos oficiais polo Náutico Boiro Voleibol, que milita na Superliga 1, a competición máis importante a nivel nacional.

O Concello aproveitou tamén para realizar un lavado de cara ás instalacións, traballando no acondicionamento do piso de madeira que, nalgunhas zonas, presentaba deficiencias, e no pintado do campo.

Nos últimos anos as instalacións xa foron obxecto de diversas actuacións e reformas, entre as que se incluíu a remodelación do ximnasio. Está pendente tamén a substitución do falso teito da piscina e dos corredores, que se realizará con cargo a unha subvención da Deputación da Coruña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí