Cambados mobilízase para pedir máis implicación na investigación contra o Cancro de Mama Metastásico

CAMBADOS> Inda que a Covid 19 centre toda atención, os concellos non deixan de lado a loita contra outras enfermidades. En Cambadnos, no día mundial contra o cancro de mama metastásico, leuse un manifesto pedindo ás administracións que se involucren na loita contra esta enfermidade.

Ante a crise sanitaria provocada pola Covid 19 é importante non esquecer que hai moitas persoas que continúan loitan contra outras enfermidades. Por elo o concello de Cambados e a Asociación Cancro de Mama Metastásico leron un manifesto, no día mundial desta enfermidade, co obxectivo de remover conciencias e pedir ás administracións máis implicación na investigación desta doenza.

O texto foi escrito por Araceli Oubiña, cabeza visible da asociación, e lido no seu nome.

Por elo dende o concello de Cambados apoiaron o acto para pedir as administracións máis apoio na loita contra esta enfermidade.

O acto asistiron máis dunha vintena de persoas e foi retransmitido por streamig a través das redes sociais do concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí