A alternativa dos veciños da Carballa a mellor opción para o novo polígono de Ribeira

    RIBEIRA> Así o anunciou esta mañá o propio alcalde, Manuel Ruíz, despois da rolda de contactos mantida con diversos organismos autonómicos que lle deron viabilidade a esta proposta. A novo polígono industrial de Ribeira, co que se dará solución ós problemas de espazo para a ampliación ou mesmo a construción de novas empresas, parece máis preto. O alcalde, Manuel Ruiz, ten previsto trasladarlle nos próximos días ó resto dos grupos da Corporación como opción máis viable a alternativa suxerida polos veciños do entorno da Carballa-Cudieiro, disconformes coa primeira das propostas ó estar máis próxima a vivendas. Despois das xuntanzas mantidas con responsables de distintos departamentos da Xunta, este emprazamento parace o máis axeitado. Para iso será necesario realizar a modificación puntual do PXOM, uns 215 mil metros cadrados de superficie, que está situada a 400 metros da que se barallaba inicialmente. Ademais tendo en conta que se trata na súa maioría de superficie forestal con moi poucos titulares presúmese que o proceso de tramitación será menos complexo que o de Carballa/Cudieiros, ó ter este último un maior número de parcelas e propietarios afectados.