A Feira do Libro de Ribeira desenvolverase do 22 ó 25 de xuño

    RIBEIRA> A actividade, organizada pola Federación de Libreiros de Galicia, terá lugar na praza do Concello. Por terceiro ano consecutivo Ribeira volverá acoller a Feira do Libro. A actividade desenvolverase do 22 ó 25 de xullo na praza do Concello e nela tomarán parte un total de sete librarías, aínda que ningunha delas da localidade.. Para eses días hai un amplo e variado programa de actividades, nas que destacan varias presentacións de libros como é o caso da ‘Escolma do humorismo galego’ de Moncho Borrajo, ou ‘Mar de redes’ de Ruth Vilar. O pregón será a cargo este ano de Serafín Marcos. Na iniciativa, coa que colabora tamén a secretaría xeral de Cultura, xorde coa finalidade de dar visibilidade ó libro e para favorecer un achegamento doado á produción editorial galega. O horario de apertura da feira, na que se prevén importantes descontos, será de 12 a 2 polas mañás e de seis e media a dez e media polas tardes. Na fin de semana e festivos: o peche será ás dúas e media.