Ciudadanos Boiro leva a demanda dun local no concello ante o Valedor do Pobo

    BOIRO> Ciudadanos Boiro presentou unha queixa ante o Valedor do Pobo ante a imposibilidade de dispoñer dun local no concello para o uso dos grupos da oposición. Hai dous anos presentaron un escrito solicitando este servizo e, ata o momento, non obtiveron resposta por parte do goberno local. Non é a primeira vez nin son o único grupo da oposición que reivindica o seu dereito a facer uso das dependencias municipais como despacho de traballo e de atención ós veciños. Sen embargo, Ciudadanos decidiu dar un paso máis e presentar unha queixa ante o valedor do pobo ante a falla de resposta do goberno local. Lembran dende Ciudadanos que cando o Partido Popular estaba na oposición reclamaba o uso destes espazos e agora que goberna impide que o resto dos grupos exerzan este dereito.