Sanxenxo contará este verán con 24 auxiliares de Policía Local

    SANXENXO> O concello de Sanxenxo presentou aos 24 auxiliares de Policía Local que durante este verán terán como misión garantir a seguridade da vila. O custe de este aumento de efectivos de seguridade ascende a 131.000 euros. Durante tres meses, estes mozos patrullarán a vila de Sanxenxo para garantir a seguridade dos seus cidadáns e turistas. Este incremento estival da plantilla da Policía Local de Sanxenxo terá un custe de 131.000 euros para o consistorio, o que lle permitirá formalizar estes 24 contratos temporais, a xornada completa de luns a domingo, cos seus correspondentes días de descanso semanal, por un período máximo de tres meses de duración, entre xuño e setembro. O alcalde asegurou na súa intervención que traballará para garantir a seguridade cidadá na vila. As probas físicas e teóricas para esta convocatoria presentáronse un total de 30 persoas que integraron a bolsa de emprego. Estes 24 mozos, que este xoves foron recibidos polo alcalde da vila Telmo Martín, formarán parte da plantilla durante o período estival, e os seis restantes quedarán como suplentes para cubrir baixas.