“Igualdade sen fronteiras” encherá de testemuñas Exposalnés

CAMBADOS> “Igualdade sen fronteiras”, ese é o nome que teñen as xornadas organizadas polo Centro de Información a Muller da Mancomunidade de O Salnés e o concello de Cambados que se celebrarán o vindeiro 23 de febreiro as 19:00 horas, en Exposalnés.
“Igualdade sen fronteiras”, son unhas xornadas que se centraran na importancia da educación en igualdade, e que terán lugar en Exposalnés, o vindeiro 23 de febreiro as 19:00h. A entrada é de balde.
Nesta ocasión a iniciativa levarase a cabo dende a visión de mulleres de outros países como Filipinas ou Arxentina, que contarán as súas experiencias.
A alcaldesa de Cambados, sinalou o compromiso do seu equipo de goberno coa causa, e destacou as inversións que se fixeron dende o concello en prol da igualdade dende que ela chegou a alcaldía.
Estas testemuñas serán en soporte audiovisual e procederase a falar da situación de estas mulleres. Non o olviden o 23 de febreiro teñen unha cita coa igualdade en Exposalnés.