O PP logra sacar adiante os orzamentos nun pleno ‘borroka’

RIBEIRA> Tal e como estaba previsto, o Partido Popular, co apoio do Partido Socialista, foi quen de sacar adiante a aprobación inicial dos orzamentos. Foi onte pola noite, no transcurso dun pleno ordinario que se caracterizou polo enfrontamento e o cruce de acusacións entre os grupos.

Así de tenso, con chamadas á orde por parte do alcalde a varios edís da oposición, entre cruces de acusacións, remataba o pleno de onte. Ían alá preto de dúas horas de tenso debate.

O PP, co apoio do PSOE, conseguía aprobar inicialmente o orzamento municipal para este ano 2021 que ascende a uns 36’4 millóns de euros, despois de que decaese a emenda á totalidade dos presupostos presentada polo BNG.

Os tres grupos que se opuxeron a esta aprobación: PBBI, Suma Ribeira e BNG, coincidiron basicamente nos seus argumentos. Botáronlle en cara ó equipo de goberno a tardanza en presentar este orzamento, con apenas tres meses para poder executarse, pero tamén a falla de diálogo e consenso.

Tamén houbo críticas para o Partido Socialista, ó que acusaron de asinar co PP un acordo de goberno para o que resta de lexislatura.

O BNG seguiu insistindo en tender a man, aínda que para o alcalde, este chegaba xa tarde para estes presupostos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí