Presentada a sétima edición da Regata Congalsa

    RIBEIRA> A proba, organizada polo Club Náutico Ribeira, celebrarase o próximo sábado oito de xullo. Por sétimo ano consecutivo, a empresa Congalsa e o Club Náutico de Ribeira colaboran para poñer en marcha unha regata de cruceiro pola ría de Arousa. A cita será o próximo sábado 8 de xullo a partir das dúas da tarde e nela prevese unha participación dunhas vinte embarcacións nas clases regata, cruceiro-regata e regata. Para ese día barallanse dous percorridos costeiros en función da meteoroloxía existente cunha distancia aproximada dunhas dezasete millas náuticas Dende a firma Congalsa, empresa que lle dá nome á regata, destacouse a importancia da proba, enmarcada na súa política de colaboración co deporte e as entidades deportivas da zona. O Ziralla en clase regata, o Arroas en cruceiro regata e o Somni en cruceiro foron os últimos gañadores da proba.