O grupo infantil de teatro inaugura o programa do ‘Xuño da Cultura’

RIBEIRA> Os amantes do teatro teñen unha cita este venres en Ribeira. Os nenos do Grupo Infantil representarán a obra ‘Que me vas contar’, escrita por Chiki Durán e dirixida por Óscar Romero.

As actividades programadas no marco do xuño da Cultura en Ribeira arrancarán este venres, cando os 17 nenos do grupo municipal infantil de teatro suban ó escenario para interpretar ‘Que me vas contar’.A peza, escrita por Chiki Durán, pretende ser unha reflexión sobre o mal uso da linguaxe a través das redes sociais, do que se dará conta a través dun xuízo.

A función dará comezo ás nove da noite. a entrada será de balde ata encher aforo. Ó remate realizarase unha homenaxe póstuma a Daniel Gómez Ramil, un dos principais impulsores do teatro infantil no municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí