Máis de 28.000 persoas poderán vacinarse en Pontevedra, O Salnés e O Barbanza ata o domingo

PONTEVEDRA> Máis de 28.000 persoas das áreas sanitarias de Pontevedra e O Salnés e Santiago e O Barbanza están chamadas a vacinarse contra a covid19. Galicia comezou hoxe a segunda quenda de vacinacións masivas cos nados entre 1956 e 1961. Dende esta tarde e ata o xoves recibirán a primeira dose de AstraZeneca co Recinto Feiral de Pontevedra e Fexdega, en Vilagarcía, e o Hospital de Barbanza, convertidos unha vez máis en escenarios de vacinación.

Entre o xoves e o domingo convocarase aos nados entre 1942 e 1946. Eles recibirán a vacina de Pfizer.

Mentres avanza o proceso de vacinación da poboación e aínda pendentes dos efectos que a Semana Santa terá nas cifras de contaxios, dende a Xunta adiantan que a intención é manter, polo de momento, as actuais restricións sanitarias.

Rueda apuntou que, a pesares de que sempre hai incumpridores, a poboación está cada vez máis concienciada da importancia de cumprir as normas sanitarias para frear a pandemia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí