RIANXO> Ningún dos tres grupos da oposición en Rianxo: PP, PSOE e BNG, presentou, polo de agora, candidatura alternativa a Rianxo en Común. O prazo establecido para facelo, e seguir adiante coa moción de censura remata o vindeiro 24 deste mes de xuño. De non presentarse, o grupo de goberno conseguiría o seu propósito de desbloquear a aprobación dos orzamentos.
A falla de apenas dúas semanas para o remate do prazo establecido por lei para unha posible moción de censura en Rianxo, fixado para o vindeiro 24 de xuño, todo parece indicar que non haberá cambios na alcaldía.
Nin PP, nin Partido Socialista, nin tampouco o BNG, presentaron, polo de agora, unha candidatura alternativa que aparte a Rianxo en Común do ‘sillón’ da alcaldía. En principio descartan esa posibilidade, a pesar de non estar de acordo co método empregado polo equipo de goberno para lograr a aprobación dos orzamentos. E mentres tanto, o día a día no Concello segue da mesma forma.
De ser así, a xogada sairíalle ben ó equipo de goberno xa que conseguiría desbloquear a aprobación dos orzamentos e así poder facer fronte ás necesidades do Concello que leva varios anos co presupostos prorrogados.











