Barraña acollerá o Campionato de España de Volei Praia Sub 19

BOIRO> A forte aposta de Boiro polo voleibol materializarase este verán a través da organización de diversos eventos relacionados co volei praia. O primeiro deles será este fin de semana no que se disputará a segunda xornada do Circuíto Galego Vichy Catalán de categorías base, iniciado a pasada semana en Carnota. Entre o dezaseis e o dezanove de xullo celebrarase un campus de volei praia en Barraña para os máis pequenos. Servirá como antesala ó prato forte deste verán: o campionato de España de Seleccións Autonómicas sub 19, que se desneovlverá entre o 20 e o 22 de xullo. Ademais do apoio da administración local, dende a Federación Galega destacaron tamén a implicación das empresas patrocinadoras para poder desenvolver este tipo de eventos.