Os poienses recollerán as herbas do San Xoán

    POIO> O programa das Festas de San Xoán ven cargado de actividades. Unha delas é das que máis arraigo ten entre os veciños, e porque non dicilo, entre os galegas e galegas de toda a comunidade. Estamos a falarlles da recollida de herbas aromáticas que despois de mesturalas con auga utilizase para lavar a cara o día seguinte de San Xoan. O San Xoán xa de por sí ñe unha festa importante no almanaque de os galegos e galegas. En Poio elaboraron un coidado programa de actividades para conmemorar esta festividade, aínda que unha das máis tradicionais ten que ver coa recollida de herbas na tarde previa as cachelas do 23 pola noite. Coñecedores da tradición, en Poio non queren deixar pasar a ocasión para reivindicar as vellas costumes. Recuperar unha tradición moi arraigada en Poio, que nos últimos anos se estaba a perder, por iso dende a Asociación Ronsel queren recuperar. Unha selectiva e instrutiva que se dividirá en dúas rutas, tal e como explicaba esta mañá Alfonso Villanueva. Unha actividade na que colabora o concello e na que este ano, por primeira vez, participaran os nenos, cos que se realizará un obradoiro, no que coñecerán as herbas que se utilizan e serán os encargados no futuro estas tradicións.