A concellería de Igualdade de Noia repetirá coa campaña ‘Rachando co medo’

NOIA> Por segundo ano consecutivo, a concellería de Benestar, Servizos Sociais e Igualdade de Noia, a través do Centro de Información á Muller, levará a cabo a campaña Rachando co medo. A programación incluirá un concurso fotográfico.

Unha das actividades máis destacadas realizarase o propio 25-N, cun acto nos exteriores do Coliseo Noela, no que se levará a cabo a lectura dun manifesto.

As propostas incluirán tamén un curso de defensa persoal para mulleres e un obradoiro de risoterapia.

Para máis información as persoas interesadas poden consultar o propio Facebook de Servizos Sociais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí