O concello de Noia inviste 60 mil euros na mellora da rúa da Igrexa de Santa Cristina

NOIA> O concello de Noia avanza na mellora da seguridade viaria non só das vías urbanas senón tamén no rural. Vén de investir máis de 60 mil euros na renovación do firme e beirarrúas na rúa da Igrexa que conecta Vistafermosa coa estrada de Santa Cristina.

Tras rematar as obras da travesía de Noia, o concello traballa na mellora das vías adxacentes que conectan o casco urbano cos núcleos rurais do municipio. É o caso da rúa da igrexa na que se está a executar a mellora da capa de rodadura e a renovación das beirarrúas.

O investimento inclúe tamén a eliminación dos tendidos aéreos de redes de subministro eléctrico e telecomunicacións para proceder ó seu soterramento.