As obras do IES Campo de San Alberto avanzan a bo ritmo

NOIA> O alcalde , Santiago Freire, valorou moi positivamente a marcha das obras de rehabilitación integral que se están a levar a cabo actualmente no IES Campo de San Alberto. A mellora, financiada integramente pola consellería de Educación, ascende a máis dun millón de euros.

As obras iniciadas unha vez rematadas as clases, para así non interferir a actividade lectiva, teñen coma principal finalidade mellorar a eficiencia enerxética do edificio, a través da instalación de planchas de illamento térmico en toda a fachada. Ademais, tamén se levará a cabo a substitución da carpintería exterior.

O proxecto tamén contempla obra no interior do edificio, coa instalación de falsos teitos, a mellora dos baños e o cambio de luminarias a tecnoloxía led, o que contribuirá tamén a reducir a factura de electricidade.

A obra únese tamén ós traballos realizados tamén nos últimos meses de cara a ampliación das instalacións deportivas do centro, cun investimento dusn 40 mil euros a cargo do Concello e da Secretaría Xeral para o Deporte.

O rexedor noiés destacou o esforzo inversor en materia educativa realizado pola Xunta nestes últimos anos, lembrando a reforma realizada no colexio Felipe de Castro onde se investiron tamén preto dun millón de euros.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí