O mellor waterpolo galego darase cita esta fin de semana en Pontevedra

[

Pontevedra> O sábado 24 de xuño, as piscinas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, acollerá o campionato Galego Cadete Mixto de waterpolo. Unha cita que disputarán o Pontevedra, o Santiago, o Coruña e o Marina de Ferrol. O gañador desta competición irá directo ao Campionato Nacional. Fin de semana de intensa actividade deportiva nas piscinas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva coa celebración do Campionato Galego Cadete Mixto de waterpolo. Unha cita onde xogarán os mellores equipos da nosa comunidade entre os que se atopa o Pontevedra, o Santiago, o Coruña e o Marina de Ferrol. O equipo pontevedrés xogará a seminifinal ás 11:30 contra o Santiago. A final terá lugar ás 18:00 e os gañadores irán directos ao Campionato Nacional. Dende o equipo pontevedrés fixeron esta mañá un balance máis que positivo desta tempada onde o punto débil continúan sendo os equipos absolutos. As piscinas de Campolongo acollerán a vindeira semana, do 26 ao 30, a promoción do Waterpolo para nenos de 8-12 anos para que teñan a oportunidade de practicar e iniciarse neste deporte.