Pontevedra> O concelleiro de Ordenación do Territorio, en Pontevedra, presentou esta mañá a reforma urbana de Mollabao. Trátase dun estudo que tería como fin humanizar o primeiro tramo da PO-546, na vella estrada a Marín. Estre tramo, duns 600 metros, contará cun investimento por parte do concello de preto de 3 millóns de euros. E estrada vella de Marín verá moi cambiada o seu estado actual nos vindeiros anos. Todo isto se Costas e a Xunta a aproban o estudo que esta mañá presentaron dende o concello de Pontevedra e que ten como fin dar continudidade nun único sentido á rúa Rosalía de Castro. Para conectar esta estrada coa Avenida de Marín o concello decantouse pola creación dun novo viario que atravesará a parcela de Costas, que se usa como aparcadoiro disuasorio e conetará a estrada antiga de Marín coa Avenida. Este proxecto terá que ser aprobado por Costas e pola Xunta, Mosquera xa adiantou esta mañá que ambas administracións están conformes con este plantexamento. Para comezar estes traballos terán que realizar unha pequena modificacións do PXOM polo que o concelleiro non se aventura a dar datas de momento. Esta actuación, incluirá ademais, a reforma integral do actual aparcadorio disuasorio que sería rehabilitado e reordenado. Con todo estamos a falar dun orzamento aproximado de 3 millóns de euros que tería que asumir o concello pontevedrés.
Inicio PONTEVEDRA