Secundanda ao 100% a folga no transporte na comarca de Pontevedra

Pontevedra> A folga no transporte tivo nesta segunda xornada un seguimento do 100 por 100 na comarca de Pontevedra. Dende os sindicatos teñen claro que continuarán con estes paróns ao longo das vindeiras semanas. De non chegar a un acordo coa Xunta, plantexarán unha folga indefinida co fin de loitar polo ben dos traballadores e tamén dos usuarios do transporte público. Valeira, esta é a estampa que esta mañá tiña a estación de autobuses de Pontevedra. No segundo día de folga no transporte poucos foron os sorprendidos. Pese a isto sí que nos atopamos con algún que outro afectado. Dende os sindicatos teñen claro que esta folga é máis que necesaria polo ben dos traballadores e polo ben dos usuarios. Xa que o Plan de Transportes que quere aprobar a Xunta de Galicia plantexa mesturar os escolates cos viaxeiros. Dende o sindicatos piden unha negociación á tres e non a dous como quere dende a Xunta. Dende os sindicatos cren imprescindible que a Xunta negocie cos empresarios e os sindicats ao mesmo tempo. A vindeira semana, de non chegar a un acordo, o martes e o mércores volverá a haber folga no transporte. Dende as centrais sindicais piden compresión aos usuarios deste servizo. De non chegar a un acordo as vindeiras semanas os sindicatos convocarán unha folga indefinida co fin de conseguir replantexar o Plan de transporte que a Xunta de Galicia quere aprobar sen o consenso nin a aprobacións deste sector.