“A compostaxe será en dous anos un modelo mundial”

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra celebrou esta mañá un seminario internacional sobre os ‘Desafíos na xestión ambiental dos biorresiduos’. Ao acto asistiron especialistas de toda Galicia e participaron os representantes dos gobernos de Illa do Príncipe e da Universidade de São Paulo.

“A compostaxe será en dous anos un modelo mundial”, así o anunciou o vicepresidente da Deputación de Pontevedra no seminario internacional que se celebrou esta mañá sobre os ‘Desafíos na xestión ambiental dos biorresiduos’. No acto, tanto a presidenta do goberno provincial como o director do CEIDA destacaron a importancia de seguir apostando polo modelo Revitaliza.

No seminario debateuse sobre a evolución mundial das estratexias do tratamento do lixo baseadas na economía circular. César Mosquera subliñou que o Plan Revitaliza é un dos modelos de xestión máis avanzados na actualidade, se ben o cualificou de “contracultural”.

Na última parte do seminario internacional, os representantes da Illa do Príncipe explicaron o programa “Plástico Zero” e os da Universidade de São Paulo falaron sobre os proxectos de xestión de residuos sólidos que están levando a cabo en Brasil. En definitiva, unha xornada  que se celebrou co obxectivo de seguir loitando para mellorar o medio ambiente.