A 30 Bienal de Pontevedra dedica a súa temática ós países do Magreb

bienal_ponte_100.jpgPONTEVEDRA > O 17 de xullo inaugúrase en Pontevedra a trixésima Bienal de Arte Organizada pola Deputación que terá coma tema de fondo o diálogo interterritorial e cultural

… entre España e tres países do Magreb, Marrocos, Arxelia e Túnez. Esta é unha das primeiras mostras que unirá a estes catro países, e que posibilitará proxectar ó exterior a cultura artística dos tres países africanos. Baixo o título Sen ronteiras:converxencias artísticas hispano-magrebíes participarán un total de 29 artistas.

Repíntense nesta edición da Bienal organizada pola Deputación os seus obxectivos de fomentar o diálogo interterritorial con outras culturas. Neste caso cunha zona coa que gardamos estreitos vínculos históricos, pero da que adoitamos ter unha imaxe estereotipada.

A Bienal deste ano inaugura localización, xa que estará exposta por primeira vez na planta baixa do novo edificio do Museo de Pontevedra. Serán case dous meses de exposición, entre 17 de xullo e o 7 de setembro, nos que poderemos ver obras nos soportes máis clásicos, coma a pintura, e tamén traballos de son e vídeos. Todos eles terán sempre un tema de fondo común, o multiculturalismo e a integración, nunha mostra que aspira a marcar un antes e un despois na Bienal pontevedresa.

Coma complemento á exposición tamén se celebrarán en Pontevedra entre os 18 e 19 de xullo un seminario e unha mesa coloquio no que participarán os propios artistas da mostra.

Redacción Salnés