Fracasan os orzamentos de Catoira polo voto en contra de tres edís do propio goberno municipal

CATOIRA> Escenifícase de novo a división dentro do partido socialista de Catoira. O pleno de municipal rexeita os orzamentos do 2021 polo voto en contra dos propios membros do goberno local. Tres dos edís de Alberto García votaron en contra da súa proposta, ao igual que os tres concelleiros nacionalistas, evitando que a proposta dos orzamentos prosperase.

O principal punto de discrepancia é polas tres liberación que incluían estes orzamentos. Segundo a lei reguladora das bases de réxime local, tres integrantes do pleno municipal poden recibir un salario, e a intención de Alberto García era que as liberacións foran destinadas a cada un dos partidos representados no pleno. Feito ao que se opuxeron os edís socialistas e nacionalistas, contrarios a calquera acordo co partido popular.

Esta non é a primeira vez que os edís socialistas maniféstanse en contra do seu portavoz. Na moción de censura celebrada na vila o pasado ano, os concelleiros chegaron a un acordo co anterior alcalde ás costas do seu candidato para que a moción non prosperase.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí