Premio para tres estudantes arousáns polo seu proxecto de refuxios para animais da rúa

VILAGARCIA>  O benestar animal e a sustentabilidade van da man no proxecto que idearon uns estudantes de Vilagarcía, e que conquistaron ao xurado dos premios Eduemprende, que organiza a Consellería de Educación. Son tres mozos do centro de formación profesional de Fontecarmoa que deseñaron unhas casetas-refuxio para animais rueiros. A súa proposta é facelas con materiais reutilizables, engadíndolle tamén unha aplicación para localizar e rexistra.os animais da rúa.

Dani, Diego e Alba son os tres alumnos do grao medio de Actividades Comerciais do centro de Formación Profesional de Fortecarmoa. Eles están detrás dun proxecto tan sinxelo como interesante. Para poder presentarse ao concurso Eduemprende, que organiza a Consellería de Educación, idearon unhas casetas para animais rueiros feitas con materiais reciclados.

Pero eles decidiron engarirlle un valor medioambiental ao proxecto, fomentando o uso de materiais reutilizables.

Unha idea que naceu da súa experiencia persoal. Os tres teñen algo en común: na súa casa teñen mascota.

O seu proxecto está pensado para concellos e administracións. Ademais, idearon unha aplicación que permite localizar e rexistrar aos animais.

Os tres mozos amósanse máis que satisfeito co seu proxecto. Máis aínda logo de facerse co primeiro premio do concurso Eduemprende. Teñen clara cal foi a clave do seu éxito.

No centro poñen en valor este e o resto de proxecto que naceron aquí e que tamén se presentaron ao concurso. O seu obxectivo é incentivar á rapazada a que participe neste tipo de iniciativas, un xeito de tirar do fío e espertar algo máis no alumnado.

Dende a dirección do centro animan ao alumnado a participar e implicarse activamente neste tipo de proxectos, que serven tamén para situar no mapa do talento galego a este centro de formación profesional de recente creación.