O BNG presentará inicitivas no Parlamento para mellorar a política forestal

Pontevedra> O BNG presentará unha serie de iniciativas no Parlamento Galego co fin de loitar por un cambio de rumbo na política forestal. Os nacionalistas cren que o acontecido en Potugal debe levarnos á reflexión. O deputado do BNG, Luís Bará, ten claro que os incendios non se apagan nin con auga nin no verán senón cunha boa planificación e inversión na prevención. Unha nova política forestal para o monte, combater o monocultivo, combater a fragmentación, traballar en colaboración cos latifundios e a certificación forestal. Estas son soamente algunhas que o BNG levará ao Parlamento Galego co fin de loitar por un cambio de rumbo da política forestal. Entre esas demandas tamén está poñer freo a eucaliptización, un feito que segundo Bará, se está propagando en Galicia e que axuda a empresas privadas como ENCE. O BNG cree que é necesario unha maior inversión na prevención, dende as filas nacionalistas non comprenden como se gastan na actualidade 100 millóns en extinción e 50 en prevención, para Luís Bará débense cambiar as tornas e reforzar o traballo das brigadas para que estes profesionais traballen todo o ano. Todas estas iniciativas serán presentadas no Parlamento co fin de loitar por unha maior coidado e prevención de incendios nos nosos montes.