A veciñanza das Rías Baixas advirte da austeridade deste Nadal debido á situación actual

VILAGARCIA> As datas para agasallar aos nosos seres queridos están moi preto. Nun ano complicado para todos, a ilusión desta época sobreponse ao medo. A veciñanza afronta un nadal diferente.

A situación fai que moitos decidan este ano reducir os seus gastos.

O que muda é o día escollido para os grandes agasallos. Papa Noel comeza a impoñerse aos reis magos.

Pero o que continúa sendo unha prioridade da veciñanza é a elección do comercio de proximidade para facer as súas compras.

Se non fixeron as súas compras de nadal, aínda están a tempo. Os comercios estarán abertos case todos os días ao longo das vindeiras datas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí