A PDRA considera irónico que sexa a Xunta a que os acuse de facer política coa crise dos pellets

VILAGARCÍA> A Xunta aproveitou hoxe para cargar de novo contra a manifestación deste domingo en Santiago en defensa do mar. O goberno galego di que é unha convocatoria claramente política.

Unhas críticas que lamentan dende a organización da manifestación. Lembran que hai máis dun cento de colectivos do mar e ecoloxistas implicados, así como mariñeiros e mariscadores de tódalas rías afectadas polos pellets.

Explican que a xestión desta crise é unha mostra máis dos problemas que vén atravesando o sector pesqueiro dende hai anos. Din que é necesario participar na manifestación para defende-los sectores produtivos que, engaden, teñen futuro se teñen o apoio do goberno galego.