Pontevedra suma un novo premio ao seu modelo urbano

Pontevedra> Pontevedra suma un novo premio á súa colección polo seu modelo de cidade. Nesta ocasión é a Asociación Española para a Xerencia dos Centros Urbanos á que premia a Boa Vila pola peonalización do centro histórico. O concello irá acompañado a Asociación Zona Monumental para recoller este galardón o 10 de xullo en Valencia. Pontevedra contará cun novo premio ao seu modelo urbano. Nesta ocasión chega da man da Asociación Española para a Xerencia dos Centros Urbanos. Unha distinción que premia a peonalización do centro histórico da cidade. O 10 de xullo concello na compaña da asociación Zona Monumental recollerán este premio en valencia. Dende Centro Comercial Urbano Zona Monumental déronlle os parabéns ao concello e dixeron que eles sempre apostaron por este modelo de cidade. Unha entrega de premios onde Pontevedra estará acompañada doutras cidades tamén galardoadas como Liverpool, Valencia, Barcelona ou Málaga.