Un escape de gas ocasiona un incendio na Caeira

12

Pontevedra> Un escape de gas ocasiona un incendio na Caeira. Un veciño alertou ás 10 da mañá ao 112 dun incendio na rúa Río Oitavén número 9. O lume quedou sufocado ás 11:20 da mañá. Ata este lugar se desprazaron bombeiros do Salnés e de Pontevedra, Policía Local de Poio, Garda Civil, así como, unha ambulancia do 061, aínda que, afortunadamente, non houbo que lamentar ningún ferido. Os veciños da rúa Rio Oitavén na Caeira espertaron cun bo susto. Un escape de gas provocou un incendio nesta zona a altura do número 9. O lume quedou sufocado ás 11:20 da mañá. Ata este lugar se desprazaron bombeiros do Salnés e de Pontevedra, Policía Local de Poio, Garda Civil, así como, unha ambulancia do 061, aínda que, afortunadamente, non houbo que lamentar ningún ferido. O que si houbo foi nerviosismo polo que puidera acontecer. Por fortuna este incendio tivo lugar pola mañá, xa que pola tarde nesa mesa zona hai moitos nenos xogando e un parque infantil moi preto. Unhas 35 persoas foron evacuadas do seu piso como medida de precaución. Os resto dos veciños da zona pedíuselles que pechasen as xanelas e baixasen as persianas. Os bombeiros detectaron unha forte concentración de gases nos garaxes do edificio máis próximo á tubaxe incendiada, polo que non se permitiu o acceso ás vivendas ata pasadas as dúas da tarde. Os efectivos de emerxencias e de Gas Natural aínda non sinalaron as causas do accidente.

COMPARTIR