O Partido Popular manterá a mesma estratexia de cara ás eleccións municipais

PONTEVEDRA> Tras estes resultados, o foco está posto no PP. Os populares conseguiron os peores datos da historia e deixan de ser a primeira forza na provincia, algo que non ocorría dende o inicio da democracia. Sen embargo, o candidato á alcaldía, Rafa Domínguez, mostrouse esperanzado de cara ás eleccións municipais.

Os resultados das eleccións xerais tradúcense nunha terrible sacudida para o Partido Popular. O candidato á alcaldía valorou esta mañá os datos e quixo destacar que Pontevedra é a cidade das sete grandes de Galicia onde menos descenso sufriu o seu partido.Rafa Domínguez está convencido de que os resultados son a evidencia clara de que a fragmentación na dereita beneficia ao BNG.

O candidato popular afirmou tamén que estes resultados son preocupantes para todos os que defendan o emprego na cidade e para os que loitan pola continuidade de Ence en Lourizán.

O Partido Popular pasa páxina tras os datos obtidos nas eleccións xerais e concentra as súas forzas nas municipais do 26 de maio.