Os insitutos de Pontevedra contará cun Consello da Muller Nova o vindeiro curso

Pontevedra> Todos os institutos de Pontevedra contarán, a partir do vindeiro curso, cun Consello da Muller Nova co fin de potenciar e traballar en igualdade. Trátase dun proxecto pioneiro en Galicia, posto en marcha polo Concello da cidade do Lérez en colaboración coa Consellería de Educación. O concello de Pontevedra ten claro en apostar por unha política de igualdade, unha política que deixe pegada na sociedade e para iso debe inculcarse dende pequenos, e xusto hoxe a concelleira de Educación anunciaba que a Consellería desta área ven de aprobar a petición do concello de crear un Consello da Muller en cada un dos institutos da cidade. Un proxecto pioneiro en Galicia que lanzan dende o concello de Pontevedra e que conta coa colaboración da Consellería de Educación. Sen dúbida este Consello da muller é unha ferramenta moi imporante para os mozos da cidade e así nolo fixeron saber esta mañá. Segundo a concelleira de Educación trátase dunha ferramenta moi importante que contribuirá a rebaixar a conflitividade e achegar unha visión máis igualitaria do mundo. O xefe territorial de Educación tamén anunciou esta mañá que a partir do vindeiro curso a Consellería porá en marcha o Ciclo Técnico en Igualdade de xénero que terá unha duración de dous anos.