O goberno da Deputación de Pontevedra negociará a partires do 15 de xuño

PONTEVEDRA> O goberno da Deputación de Pontevedra non se coñecerá ata despois do 15 de xuño. Así o confirmou esta mañá a presidenta provincial en funcións. Cabe recordar que cos resultados electorais, o Partido Socialista está a tan só un escano da maioría absoluta e, polo tanto, necesita o apoio do BNG.

A Deputación de Pontevedra terá que esperar ata despois do 15 de xuño, cando se constitúan todos os Concellos, para configurar o próximo goberno. Carmela Silva asegurou esta mañá que aínda non hai negociacións enriba da mesa entre o PSOE e o BNG.

A presidenta en funcións quixo resaltar esta mañá o traballo que conseguiron xuntos, os socialistas e os nacionalistas, nos últimos catro anos.

Os resultados das eleccións municipais deixaron ao Partido Socialista a tan só un escano da maioría absoluta. Polo tanto, necesita do BNG, que conseguiu 3 deputados, para gobernar. De momento non hai data prevista para a configuración da corporación provincial pero todo apunta a que Carmela Silva volverá a ser a presidenta da Deputación.