VILAGARCÍA> O Sergas ven de reforzar o servizo de resonancias móbiles dos hospitais comarcais incorporando unha terceira unidade, que está instalada no Hospital de O Salnés. Ata alí se desprazou o Conselleiro de Sanidade, quen afirmou que as dúas unidades móbiles de este tipo realizaron no pasado ano máis de 15.000 resonancias a máis de 13.000 pacientes.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, visitou na mañá de este venres o Hospital de O Salnés. Nun dos laterais do centro o Sergas instalou a unidade móbil de resonancia magnética que porá en funcionamento nos vindeiros días para reforzar a cobertura existencial que se proporciona nos sete centros comarcais .
Esta nova unidade tivo un custe preta ao millón e medio de euros. As dúas unidades xa existentes realizaron no pasado ano, máis de 15.000 resonancias a máis de 13.000 pacientes.
Con esta terceira resonancia móbil, vense a reforzar un sistema asistencial que garanta a resposta máis áxil e flexible aos hospitais comarcais.
Inicio crb