O PP de Vilagarcía propón retrasar o Combate Naval ante a polémica coa Festa da Ameixa

    Ou pedir máis efectivos de seguridade ó Ministerio do Interior, ou retrasar a data de celebración do Combate Naval. Son as dúas opcións que propón o PP de Vilagarcía ante a polémica xurdida pola Festa de Ameixa de Carril, entre o alcalde e o presidente dos parquistas. Teñen claro, que o que sería unha irresponsabilidade sería pasar a Ameixa ó 15 de agosto, como propón o goberno de Alberto Varela . O presidente do PP de Vilagarcía, Alfonso González Gallego, compareceu esta mañá para mostrar o seu apoio ó presidente dos parquistas de Carril, así como a tódolos veciños da parroquia, ante o enfrontamento que manteñen co goberno local do socialista Alberto Varela, pola data de celebración da festa da Ameixa de Carril. O patrón mantén a súa intención de facleo o 19 e 29 de agosto, coincidindo co Combate Naval e as Revenidas ,e o alcalde, propónlle cambialo para a fin de semana seguinte ou a anterior, o 15 de agosto. Algo que os populares considerarían unha irresponsabilidade. González considera que o goberno local está dándolle a espalda a Carril nunhas datas tan importantes, como é 0 25 aniversario da Festa da Ameixa. Tendo como teñen actos pechados, de diferente índole, así como confirmada a asistencia de diversas autoridades. Ante esta sitaución, o PP local propón dúas opcións. Ou pedir máis efectivos de seguridade ou retrasar o Combate. O popular criticou tamén a actitude xeral do goberno local, o que afirma busca problemas onde non os hai. Ademáis do caso de ameixa, citou os composteiros, a pista polideportiva dos Duráns, ou o hotel que o goberno non que se constrúa na zoa do Ramal, e que o PP considera que sería un impulso económico para o concello .