‘Unha programación para tódalas idades e para tódolos gustos’

    programacion_cultural copia.jpg CAMBADOS> Deste xeito, definiu o alcalde Cooltura Cambados, un programa de actividades deseñado para os meses de abril, maio e xuño.

    {flowplayer}images/salnes/PROGRAMACION_CULTURAL_CAMBADOS.flv{/flowplayer}
     
    Actividades relacionadas con tódolos ámbitos da cultura e para tódalas idades. Isto é o que define a programación cultural deseñada polo concello de Cambados para os meses de abril, maio e xuño.
     
    A Casa Fraga e o Centro de A Merced serán os lugares que acollerán as diferentes actividade. O protagonista do mes de abril é, sen dúbida, o libro. Teatro, música e obradoiros para os máis cativos completan as actividades para este mes.
     
    Xa no mes de maio, as letras ocupan gran parte da programación. Pero sen esquecerse da música, das actividades deportivas,ou contacontos. Francisco Asorey tamén ocupa un lugar destacado.
     
    O segundo encontro Informático e a terceira Carreira Popular celebraranse no mes de xuño. Os interesados en coñecer máis polo miúdo a programación poderán atopalo, a parir do luns, nas diferentes oficinais municipais.
     
     
    Redacción Salnés