Pontevedra> Unha xornada onde o Deputado da área de cultura tamén anunciou que os orixinais do Álbum Nós permanecerán expostos no Museo de Pontevedra, alo menos, durante cinco anos máis. Xosé Leal dixo esta mañá que se vana reformular a súas salas do Sexto Edificio que acollen a obra de Castelao, co fin de incorporar as estampas que conforman este álbum. Xusto un ano despois de que se fixera público o seu achado, o deputado da Área de Cultura, anunciou esta mañá que os orixinais do Álbum Nós foron cedidos ao Museo de Pontevedra por un periodo inicial de cinco anos. Nos vindeiros meses está previsto que se reformule as Salas adicadas a Castelao para incorporar estes orixinais e que xa se poidan visitar a partir do verán. Dende o Museo de Pontevedra agardan que esta prórroga se converta nunha cesión permanente. Nunha xornada onde se presentou a publicación derivada da exposición “Meu Pontevedra” A outra comisaria, Ángeles Tilve, dixo que agarda que con esta publicación o público se percate de que estamos ante un xenio en todos os niveis. Unha publicación que inclúe apartados d a diferentes facetas artísticas, como estampas ou ilustracións, apartados vencellados coa investigacións históricas e arqueolóxicos e a súa relación con entidades de Pontevedra, como a Coral Polifónica ou o Museo da cidade.
Inicio PONTEVEDRA











