Pontevedra celebra con ORGULLO este 28 de xuño

Pontevedra> Concello e Deputación de Pontevedra amosan nas fachadas dos seus edificios ás cores do Día do Orgullo. Unha maneira, na que ambas entidades, defenden a diversidade e igualdade de todas as persoas neste 28 de xuño no que se celebra o día do Orgullo LGTBI. Amosar o seu apoio, respecto e loita pola igualdade. Estas son reivindicacións que lanzan dende o concello de Pontevedra. Hoxe deron a coñecer a bandeira multicolor que lucirá nos balcóns da casa consistorial, unha bandeira moi orixinal e apta para estes días de choiva que estamos tendo na cidade. Un acto no que estiveron acompañados por gaiteiros moi novos que formarán parte do Memorial Ricardo Portela na fin de semana. Dende a deputación tamén quixeron amosar o seu apoio ao colectiv de Lesbianas, Gays, Transexuais, Bisexuais e intersexuais. Por primeira vez na historia da entidade provincial amosarase esta bandeira do Orgullo ata este domingo. Un día do Orgullo LGTBI que se conmemora neste 28 de xuño pero que a vindeira semana deixará moitas actividades no seo do FLOP Pontevedra.