PONTEVEDRA> O Partido Socialista de Pontevedra afronta con optimismo as eleccións municipais do vindeiro 28 de maio. O seu candidato Iván Puentes asegura de que hai marxe para que se dea un sorpasso, situando ao PSOE como primeira forza no concello, por diante do BNG. Puentes presentou hoxe a páxina web da súa campaña. Un espazo que recolle as súas 33 principais promesas electorais e que abre unha canle de comunicación coa veciñanza.
O Partido Socialista de Pontevedra estrea páxina web para a súa campaña. Ivanpontevedra.gal preséntase como un espazo para detallar as 33 principais medidas do seu programa e, ao mesmo tempo, abrir unha canle de comunicación coa cidadanía.
Iván Puentes concorre ás eleccións do 28 de maio convencido das posibilidades da súa candidatura. Cre que está aberta a posibilidade de que o PSOE sorpasse ao BNG.
Aínda que aspira a superar ao BNG e liderar o goberno, o alcaldable socialista está disposto a manter a relación cos nacionalistas de darse esta opción na futura corporación.
O que desbota Puentes é calquera pacto co Partido Popular.
O candidato socialista reivindicou o papel da súa formación no desenvolvemento do modelo de cidade de Pontevedra. De aí que considere que están lexitimados para modernizalo.