78,36% de ocupación para este verán nas Rías Baixas

Pontevedra> A presidenta da Deputación deu a coñecer, esta mañá, unha estimación moi prudente, da ocupación hoteleira para este verán. As Rías Baixas contarán cunha ocupación media do 78,36%. Concellos como os de Cambados, O Grove e Sanxenxo colgarán, durante o mes de agosto, o cartel de completo. Xa estamos no verán, época forte e importante para o turismo e o sector da economía nas Rías Baixas. Dende a Deputación fai unha previsión moi prudente para esta época estival, moi por debaixo da que marca o Clúster de Turismo ou os portais de internte. Dende a Deputación anuncian unha ocupación media para este verán do 78,36% nas Rías Baixas. O Salnés contará cunha ocupacoón do 81,53%. A ocupación media de Pontevedra será do 80% e en Caldas de Reis do 81,26% datos máis que favorables grazas, en boa medida aos festivas Rías Baixas que se celebran nese concello, ao Cultura Quente e o Portamérica. A estimación de ocupación no turismo rural é do 68,28% . En relación ao turismo internacional estímase unha chegada do 36% sobre todo de Portugal pero tamén do Reino Unido e de Italia. O tempo tamén terá un papel importante en todo este guión, pero, con todo, dende a Deputación agardan un verán máis que positivo para o sector do turismo nas Rías Baixas.