Pontevedra saca peito pola súa xestión dos fondos Edusi

PONTEVEDRA> Pontevedra saca peito pola súa xestión dos EDUSI. O Concello xa executou máis do 50% dos 12,5 millóns desa partida de fondos europeos. A media en España está agora mesmo por debaido do 10%. O goberno local di estar satisfeito pero, así e todo, recoñece certa preocupación polas actuacións que aínda non comezaron. Confían en ter en marcha eses últimos proxectos antes deste verán.

Dos 12,5 millóns de euros dos fondos Edusi que a Unión Europea concedeu a Pontevedra, o concello xa ten executados e certificados o 57%. O goberno local non agocha a súa satisfacción, máis aínda comparando o dato coa media do Estado, que se sitúa por debaixo do 10%.

O pavillón da ONCE, a ponte do Burgo ou o parque da Fracha forman parte desa lista de actuacións xa rematadas. Con todo,  aínda queda un 14% de proxectos que aínda non comezaron, incluídos algúns dos máis complexos, como a mellora da contorna do colexio do Gorgullón ou a posta en valor do río dos Gafos. Esta parte é a que máis preocupa ao concello, que confía en ter todo en marcha antes deste verán.

Cunha prórroga dun ano xa concedida, o goberno local ten ata o 31 de decembro do 2023 para ter rematados tódolos proxectos da Edusi. Aínda así, a cidade quere obte-los mellores datos posibles para seguir captando novos fondos europeos.

Unha boa base, engade Gulías, que tamén serviría de punto de partida para a captación de fondos doutros programas europeos, como os Next Generation.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí