A oficina catastral de Ribeira abrirá a partir de xullo

    RIBEIRA> A oficina de información catastral de Ribeira abrirá o primeiro e terceiro xoves de cada mes a partir do vindeiro mes de xullo. Estará situada na Área de Atención Cidadá, na planta baixa do Concello, cun horario de atención ó público de nove e media a unha e media. A través deste novo servizo, os veciños do municipio poderán facer as consultas e trámites que consideren oportunos respecto a este rexistro sen ter necesidade de desprazarse ata Coruña como viña acontecendo ata agora. O servizo será desempeñado pola empresa Eibisa Norte, S.L., entidade que se vén de ocupar por encargo da Deputación da Coruña da actualización catastral de 75 concellos da provincia, entre os que se atopa Ribeira.

    Comments are closed.