Dúas creacións xurdidas do Xuño da Cultura decoran o Centro de Interpretación de San Roque

    RIBEIRA> Este xoves tivo lugar no centro de Interpretación de San Roque o acto de colocación da obra artística infantil ‘Mensaxe ó Mar’ elaborada polos alumnos do obradoiro de pintura de Ribeira. Procedeuse tamén á inaguración dun mural exterior creado por usuarios de AMBAR. Así loce o Centro de Interpretación Arqueolóxica de San Roque trala aportación de dúas novas obras de arte elaboradas ó abeiro do programa Xuño da Cultura que mañá chga á súa fin. A primeira, este cadro, elaborado por unha vintena de alumnos do obradoiro de pintura coordinado por Fernando Yáñez. Leva por título Mensaxe do Mar e reproduce unha obra de Maruxa Mallo. Xa no exterior, os visitantes do parque de San Roque serán recibidos por este mural, inspirado en Matisse e que emula coloridas follas de Carballo. Foi elaborado por un grupo de seis usuarios da asociación de persoas con diversidade funcional AMBAR coordinados polo técnico en arte Manuel González. As dúas obras pasarán a formar parte dos fondos deste centro onde quedarán de xeito permanente.