CAMBADOS> Cambados prepárase para un nadal marcado polo aforro enerxético pero ampliando a súa programación. A vila tomará medidas como retrasar o acendido do alumeado ata 1 de decembro e apagar o 70% das luces entre as 2 e as 6 da mañá. Dentro da programación inclúese a aldea de nadal, obradoiros en todas as parroquias e diferentes actividades solidarias.
O concello de Cambados comeza a prepararse para a chegada do nadal. A vila presenta unha programación ampla marcada polo aforro enerxético. O concello ampliará o alumeado pero tomará medidas para reducir o gasto.
Caerase da programación a pista de xeo, precisamente polo aforro enerxético. A pesar diso o concello ampliará as instalacións cunha ampla oferta de decorados.
A programación tamén inclúe numerosas actividades en todas as parroquias.
Toda esta programación está pensada para animar á veciñanza e axudar aos negocios da vila a aumentar as súas vendas. O día do acendido das luces terá lugar unha recollida de xoguetes solidaria e se repartirá chocolate entre os asistentes. Isto faise grazas á colaboración da Caixa.
Ese mesmo día será cando se inaugure a aldea de nadal. Un decorado que este ano estará dedicado á xente do mar, cunha representación da Torre de San Sadurniño e diferentes dornas. Tamén haberá un espazo para os máis pequenos e un photocall.