Cambados agarda que a publicación do National Geographic leve a máis xente a instalarse na vila

CAMBADOS> Cambados e Combarro celebran con orgullo o recoñecemento da revista National Geographic como unha das cen vilas máis bonitas de España. Dende o concello cambadés creen que é o recoñecemento ao bo traballo feito dende hai centos de anos. Agardan que isto non sexa só un pulo para o turismo, se non para que máis xente decida instalarse en Cambados.

De todas as vilas que hai en España, a revista National Geographic publicou a semana pasada as que considera que son as máis bonitas de todo o país. E entra esas vilas atópanse Cambados e Combarro. Dende ambas vilas celebran con orgullo este recoñecemento.

No caso de Cambados, a revista destaca a Praza de Fefiñáns, como a segunda máis bonita de Galicia por detrás da do Obradoiro de Santiago; os pazos, a torre de San Sadurniño, As ruíñas de Santa Mariña, os miradoiros e espazos naturais e tamén o viño. Dende o concello Cambades agardan que publicación axude a que máis xente decida instalarse en Cambados.

Aínda é pronto para descubrir os efectos positivos que poida ter esta publicación en Cambados, pero dende o concello creen que será un pulo para o seu turismo.

Haberá que agardar ao segundo trimestres do ano e ao verán para ver se a publicación tivo un efecto positivo no turismo de Cambados. O teña ou non, o certo é que a vila rexistrou este ano unha das súas mellores cifras de turistas con máis de 400 mil visitantes só nos meses de xullo e agosto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí