Sanxenxo apoia a candidatura da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade

    pardocirraga100_180108_001.jpgSANXENXO > A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, recibiu esta mañá ao presidente do Instituto de Estudos Torre de Hércules

    …Segundo Pardo, que solicitou á rexedora o apoio do Concello para declarar a Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade. O valorado Instituto de Estudos percorrerá tamén outros concellos galegos, como Vilagarcía, Valga ou Caldas, na busca deste apoio na súa causa.

    O Instituto de Estudos Torre de Hércules trata de fomentar a Cultura, no que a monumentos se refire, en toda Galiza. Promove dende fai seis anos, que a UNESCO declare Patrimonio da Humanidade a Torre de Hércules, o faro romano máis antigo do mundo, aínda en funcionamento despois de dous mil anos.

    A Consellería de Cultura abriu a admisión de novas candidaturas, e unha vez presentado o expediente do Instituto, consideraron que a Torre non é solo emblema de A Coruña, senón de todo o estado.

    Como apoio á candidatura, o proxecto inclúe o hermanamento dos parques da Torre de Hércules e da Estatua de la Libertad.

    Ámbalas dúas ideas, foron ben acollidas pola alcaldesa, quen pretende incluír na orde do día, do pleno do próximo vintenove, un punto que recoñeza esta candidatura e o apoio total do concello.

    O Instituto de Estudos Torre de Hércules conta ao seu fronte con persoas de prestixiosa traxectoria, como Fernando González Laxe, José María Bello ou Arsenio Iglesias, amais de Pardo- Ciórraga.

    Ca presentación da candidatura da Torre, resucitan a súa máxima aspiración. En xuño de dous mil nove, en Sevilla, tal vez a fagan realidade.

    Redacción Salnés